venres, 18 de maio de 2012
Comenzaremos sobre a orixe da palabra "arnoia" da que hai diversidade de pareceres. Para Murguía na "História de Galiza" pensa que a súa orixe ven do sanscrito de arna (rio). Según Santiago y Gómez ten outra orixe e así di o Padre Samuel Eiján:
"le busca probable origen en el dialecto guipuzcoano y vizcaíno, que llaman ardo o ardao al vino, o en el bajo navarro que lo nombra arno. Según esto, debiera darse a la palabra arnoia o arnoya, el significado vino, que se toma en antiguo gallego".
Como veremos neste resumo a historia do noso concello segue os grandes fitos xerais da historia de Galicia.
A ocupación do noso territorio remóntase polo menos á época castrexa da cal se ten constancia. Tamén quedou constancia en Arnoia do paso dos romanos, a través de restos arquelóxicos. Xa na Idade Media e ao amparo dos mosteiros, existen varios escritos referentes ás terras de Arnoia. A Inquisición tamén estivo presente en Arnoia, así como os franceses, que se pasearon por estas terras e as partidas carlistas. Todo elo quedou ben documentado gracias a, entre outros, os escritos do Padre Samuel Eiján.
Podemos polo tanto, en base aos restos arqueolóxicos atopados, e os escritos existentes, distinguir na historia de Arnoia as seguintes épocas:
Foto do "orfeón" de Arnoia, chamado "Airiños da Aldea", do ano 1929, retratados despois de haber gañado un campeonato de corales en Ribadavia, e na que poden verses a personaxes como "O Cartelle", o párroco D. Emilio, Rodrigo (o cantor) de Sendin, o Guntín do Bacelo e outros da época que os veciños de maior idade poderán recoñecer.
Proposta para o escudo heráldico do concello de Arnoia
Documento Adobe Acrobat, 268KB
Panfleto actuación do grupo Rondalla Española Arnoia
Documento Adobe Acrobat, 663KB