xoves, 23 de febreiro de 2012
Dirección: C/ Vila termal 1. Arnoia - 32417 - Ourense.
Teléfono: 988 492400
Fax: 988 492422
E-mail: reservas@caldaria.es
Central de reservas: Tlf. 902 492400 – Fax: 988 284084
Web: http://www.caldaria.es
Construido en 1995, está situado en pleno corazón do Ribeiro, a catro kilómetros da Vila Histórica de Ribadavia, e próximo ás principais cidades galegas. Xunto aos ríos Miño e Arnoia, entre montes e bosques, rodeado de xardíns, é o lugar idóneo para disfrutar da Saúde, Natureza e Descanso. Un lugar privilexiado para disfrutar en toda a súa plenitude.
Nun paisaxe de ensono, cun microclima excepcional, o ambiente apacible dos balnearios, con instalacións de vangarda, un excelente equipo de profesionais, o desexo de aunar a Saúde co Ocio e a Natureza, con embarcadoiro para disfrutar das viaxes en catamarán polo Miño, modernas instalacións hoteleiras, excelentemente comunicada coa autovía Vigo-Ourense, a Vila termal de Arnoia é sen dúbida un dos lugares máis atractivos de Galicia para coñecer e disfrutar.
Un elegante edificio enclavado nas ribeiras do Miño en perfecta armonía coa natureza e equipado con todo o necesario para facer da súa estancia algo inesquecible.



Dispón de 50 confortables habitacións equipadas con baño, teléfono, calefacción, aire acondicionado, caixa forte e televisión por satélite. A metade délas conta cunha terraza dende a que se poden contemplar unhas magníficas vistas da comarca. O Hotel tamén conta con habitacións adaptadas para minusválidos.
Restaurante á Carta, no que a cociña internacional fará as delicias do padal máis esixente.
Café-Bar, o mellor lugar para disfrutar dun agradable tempo de ocio.
Salón para banquetes con capacidade para 250 persoas.
Servizo de perruquería.
Parque infantil, amplios xardíns, pistas polideportivas.
A mellor opción para disfrutar da Balneoterapia. A calidade das súas augas termais, a incomparable paraxe natural na que se atopan e as modernas técnicas que se aplican nesta estación termal contribuen ao seu benestar.




As súas augas hipotermais, de mineralización débil, sulfuradas-bicarbonatadas, fluoradas, PH cerca da neutralidade, emanan a unha temperatura de 22ºC.
O tratamento estrela: O Termariun, con baños de esencias, pediluvios, e unha sauna de calor seco con cromoterapia e aromaterapia.
O cansanzo e agotamento do corpo son facilmente recuperables. Os tratamentos que aplicamos nesta estación termal axudaranlle a atopar a vitalidade e enerxía necesaria para afrontar a actividade diaria.
O Hotel Balneario dispón dunhas instalacións idóneas para a celebración de calquera tipo de evento.
Dispón de 3 salóns de convencións ("Terralonga" "Nairoa" e "Ribeiro"), que se adaptan completamente ás exigencias requeridas para cada ocasión.
Salóns para banquetes con capacidade para 250 persoas, decorados coa elegancia que require este tipo de celebracións.
Salón social, chamado "Salón Miño", fóra do edificio principal, o que permite organizar festas ata altas horas da madrugada, sen perxuicio dos clientes que están nas habitacións.
Outras actividades ou servizos que oferta o Balneario Hotel ArnoiaCaldaria son:
