Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

xoves, 21 de setembro de 2017

.: Arnoia emigrante

IMPORTANTE: Para facilitar a comunicación entre os arnoianos espallados polo mundo pregámosche, si o consideras procedente, nos fagas chegar os teus datos a través do seguinte formulario:
 
O drama da emigraciónA Arnoia, como a maioría dos concellos galegos sufriu na década dos 40 unha forte fuxida (podemos chamala así) cara á emigración na procura dunha mellor nas condicións de vida dos que marchaban e mais dos que permanecían no pobo. Os países de destino foron, mayoritariamente, Arxentina e Uruguay. Nas capitais distes países, os primeiros que chegaron alí crearon o "Centro ARNOIA de Bos Aires" e o "Centro Arnoia de Montevideo". Neles xuntábanse para compartir as súas penurias e inquedanzas e alí recibían aos novos veciños que ían chegando e entre todos intentaban buscarlles traballo, lugar de residencia, etc.. Dende estes centros enviaron remesas de pesos para o pobo para paliar as deficiencias dos familiares e veciños que aquí quedaron.
Os de Buenos Aires conseguiron coa súa axuda que se instalara a "luz eléctrica" en Arnoia. Os de Montevideo que se construira a "torre do reloxo" en San Roque, sen esquecer nunca as pequenas axudas directas para os familiares.
Esperando o embarque Tamén algúns veciños dirixironse a Venezuela, México, Brasil, e outros, en moito menor número. Nas décadas seguintes a emigración abríuse a outros destinos centrándose en Europa: Suiza, Alemania, Francia, e incluso Holanda e Reino Unido.
A emigración europea supuxo unha fonte moi importante de divisas. Estes emigrantes con moito traballo (coa dificultade engadida do idioma) conseguiron uns importantes aforros que investiron en negocios, en construcción de vivendas, en compra de pisos e en melloras das súas condicións de vida. A grande diferencia cos que emigraron a Hispanoamérica e que todos os anos aproveitaban as vacacións para visitar o seu pobo e ir coidando a súa familia mentres os do outro lado do Atlántico, tanto pola lexanía como polas distintas crises que atravesaron eses países, na maoría dos casos non poideron voltar. Con estes arnoianos o Concello organizou no ano 1992 un programa "reencontros" que achegou ata Arnoia a 170 veciños, moitos deles nunca tiñan volto á terra que os viu nacer.
Na actualidade o número de arnoianos residentes no estranxeiro e inscritos nos consulados como tales distribuense do seguinte xeito:Gráfico de emigración a Hispanoamérica
Alemania     30
Argentina  241
Australia      1
Brasil    42
Canadá      1
Cuba       6
EEUU      3
Francia     15
Luxemburgo      2
México      7
Holanda      1
Perú      2
Portugal      4
Reino Unido       2
Suecia      1
Suiza      6
Uruguay   279
Venezuela     48
 __________ ____ 
 TOTAL   691
Os galegos, e os arnoianos non podían ser menos, son uns grandes traballadores e forxaron, en moitos casos, un fermoso porvir nos seus países de acollida. Podemos asi destacar algúns "persoeiros relevantes" de Arnoia, ainda que en tódolos casos, os arnoienses, traballaron a reo para vivir dignamente e levar con orgullo o nome de Arnoia por todo o mundo. Debe quedar claro que eles non se foron da Arnoia, levaron a Arnoia para alí onde tiveron que traballar para vivir con dignidade e en moitos casos para poder regresar a súa terra coas condicións precisas para facelo.
Existe unha emigración interior moi centrada en Madrid, Vitoria e Barcelona, onde viven grupos de arnoianos moi ben relacionados. Tamén Vigo e Ourense, cidades que fai anos, ao non ter as vías de comunicacións actuais, obrigaban a fixar nelas a residencia. Hoxe en día moitos veciños traballan nelas e seguen a residir no seu pobo.
 

Enlaces de interese

  Información de utilidade para o emigrante

 Guía de retorno

 Comunidades galegas no exterior

Otero Cruz, 12 - 32417 Arnoia - Ourense

Tel.: 988 48 69 00 - Fax: 988 48 69 01

info@arnoia.es