Estase a executar a obra de acondicionamento da Praza de acceso á Casa do Concello, cunha inversión de 96.687,00 euros, para o que se conta con subvención por importe de 71.040,20 euros, con cargo á Xunta de Galicia (30%) e fondos FEDER (70%).
O proxecto pretende adecuar a praza ás normativas de accesibilidade e acadar un entorno apropiado á Casa do Concello, no ámbito rural.
A maiores executarase un anexo ao proxecto inicial por importe de 56.715,31 euros que recolle melloras para o remate integral do proxecto.