Concello de ARNOIA

Vila Termal Escudo do Concello de Arnoia

sábado, 04 de setembro de 2010

.: Catamarán

Vista do catamarán no embarcadoiroO catamarán EXPO II da empresa Actuar ofrécelles a posibilidade de percorrer , as augas do río Miño  que o encoro de Frieira contén.

Son augas calmas que, cando non son arroladas por unha suave brisa do sur, semellan un espello rodeado por unha paisaxe incomparábel, dando a sensación de ir navegando entre viñedos, amieiros, vidueiros, carballos, sobreiros e unha infindade de cores que van cambiando coa estación pasando duns tonos verdes frescos a outros intensos, para logo voltar a cambiar a uns vermellos, pardos, amarelos, etc... nunVista do catamarán navegando ciclo sen final pero cada vez distinto, novo e sorprendente.

Ademáis da paisaxe a ruta permite visitar os balnearios de Arnoia e de Cortegada de Baños.

Horario: según dispoñibilidade e tempo atmosférico.
Reserva e información: 988 492 400, Recepción de Arnoia Caldaria (Balneario de Arnoia)
Prezos:

7,50 € Adultos
4,00 €  Nenos de 3 a 12 anos
Gratis Nenos de menos de 3 anos