A Biblioteca pública atópase ubicada no baixo da Casa do Concello, e inclúese na rede de bibliotecas da Xunta de Galicia.
Ten uns 5000 volumes de diversa temática (enciclopedias, novelas, literatura infantil,...). Posúe un curruncho para os máis pequenos con material didáctico propio da súa idade.
Pódese tramitar o carné de socio da biblioteca, que permite o préstamo de determinados libros.
Horario da Biblioteca:
De luns a sábado: de 9h a 13h.