
Igrexa parroquial
Información actos relixiosos:
No concello de Arnoia existe unha única parroquia. A parroquia de “San Salvador” de Arnoia, cun único rexistro a efectos eclesiásticos e un cemiterio parroquial, se ben o pobo de Remuiño considerase como “anexo” e na súa igrexa celébrase misa todos os domingos.
Horario de misas:
En días laborais na igrexa parroquial ao atardecer. Domingos e festivos: ás 9,00 e ás 11,30 horas. Domingos e festivos en Remuiño ás 9,00. En Remuiño tamén se celebra a festividade de S. Antonio o 13 de Xuño e “As Reliquias” o 14 de Setembro.
Capela do Perpetuo Socorro
Información actos relixiosos:
Novena e procesión fluvial con misa solemne con motivo da festividade do Perpetuo Socorro.
Capela de San Mauro
Información actos relixiosos:
Novena dende o día de Reis e procesión dende a igrexa parroquial con misa solemne na honra de S. Mauro o día 15 de Xaneiro.
Misa o día de "S. Mauro de Pascua” o martes de Pascua.
Misa o día de S. Bartolomé o día 24 de Agosto.
Misa o día de Santa Lucía o día 13 de Decembro.
Capela de San Roque
Información actos relixiosos:
Misa na honra de S. Antonio o día 17 de Xaneiro.
Misa na honra de S. Vicente o día 22 de Xaneiro.
Misa na honra da Virxe das Neves o día 5 de Agosto.
Novena con procesión e misa solemne con motivo da festividade de S. Roque o 16 de Agosto.
Capela de Lapela
Información actos relixiosos:
Misa na honra da Virxe da Asunción o día 15 de Agosto.
Capela de San Miguel
Información actos relixiosos:
Romería o sábado máis cercano ó día 8 de Maio.