Historia de TELEARNOIA
Para saber como xurde TELEARNOIA, teríamos que remontarnos aos anos 1993-1994, onde se producen unha serie de feitos que van ser decisivos no devir da historia da televisión local de Arnoia e que serviron ao longo de todo este tempo para conseguir unha televisión próxima aos veciños, unha televisión aberta, plural e cun gran contido cultural e informativo.
O Concello de Arnoia, coa idea, sempre clara, de axudar a que os mozos do municipio, poidan acceder a través dunha formación profesional e cualificada ao mercado laboral, solicita e élle concedido por parte da Xunta de Galicia, un curso de Telecomunicacións.
A modo de anécdota, dicir que este curso realízase nun aula da Casa Consistorial e é impartido entre outros por un arnoiés: D. Emilio Rojo, enxeñeiro de estudos e adegueiro de profesión, consagrado máis aló das nosas fronteiras polos seus excelentes caldos e a súa particular forma de entender e vivir o viño.
Os coñecementos adquiridos polos alumnos á finalización do curso, van permitir que, co pulo e o respaldo das institucións municipais, naza Telearnoia.
Xorde así, Telearnoia, coa idea de ser un elemento máis no proceso de dinamización e desenvolvemento do noso pobo, a través da comunicación e a información: a televisión ao servizo da cultura e a historia de Arnoia.
Arnoia, vaise a converter dende ese intre no único pobo da comarca do Ribeiro e dos poucos da provincia que contan cunha televisión local propia.
Preténdese facer chegar aos fogares dos arnoieses, a través do televisor, todo o que está sucedendo no noso municipio, na nosa comarca.
Unha información en moitos casos en directo, cos problemas que iso conleva. Curiosamente vai ser coincidindo coa festividad de San Amaro dese ano, cando por primeira vez e en rigoroso directo, Telearnoia poderase ver no fogar de todos os arnoieses.
Unha retransmisión, cargada de dificultade, polo metereolóxico, un frío mes de Xaneiro e polo técnico, primeira vez e en directo, da procesión na honra de San Amaro, e do que se fixeron eco outros medios de comunicación escritos da comarca ao día seguinte, polo éxito e a relevancia do feito.
Nas súas orixes Telearnoia, tivo que facer fronte a innumerables dificultades técnicas que se suplían con enxeño, imaxinación e sobre todo dedicación.
É importante facer fincapé aquí, en que a colaboración dos veciños foi en moitos casos imprescindible, pois eran a fonte de información real do que se transmitía e permitía vía teléfono constatar que a emisión era correcta. En ocasións e nos directos entrar en casa dalgún veciño, co seu permiso claro, e mirar a pantalla do televisor para comprobar o sinal de chegada aos receptores, era algo que formaba parte do traballo diario.
Grazas ao esforzo de todos, unha vez mais íanse superando as dificultades e fóronse conseguindo resultados satisfactorios.
Aos poucos e coa adquisición de novos equipos fóronse mellorando as retransmisiones, imaxes, montaxes, etc... e que fan que a actualidade Telearnoia, sexa unha televisión equipada cos avances tecnolóxicos mais modernos.
Os estudos de produción e realización estaban nos seus inicios situados nunha das salas do Concello, dende onde se enviaba o sinal ao poste repetidor, sito no lugar denominado coto dá Cibdade e desde alí, vía ondas, a todo o pobo. Dende fai varios anos e ata hoxe, os novos estudos sitúanse na Queixeira, nas instalacións do Colexio Público San Salvador de Arnoia, onde se acondicionaron dous grandes espazos, un para realización e outro como plató, para a confección de programas de todo tipo: culturais, deportivos, faladoiros, lecer e entretenemento, etc.., que serven como carta de presentación a Telearnoia.
Hoxe, Telearnoia desempeña un importante papel, sendo un medio de comunicación de referencia para coñecer o que está sucedendo no noso pobo e en toda a comarca.
Programación de TELEARNOIA
Telearnoia, inicia a súa programación cunha carta de axuste, orixinal e divertida que non podía ser doutro xeito, que cun símbolo que nos identifica aos arnoieses, o pemento. Un pemento ao que lle dá voltas un satélite, coma se fóse o pemento, Arnoia, o centro do universo. O centro do mundo informativo. Cunha melodía musical e enérxica e atrainte iníciase a programación diaria: "Telearnoia: a súa televisión".
Programación infantil, con debuxos animados e teleseries infantís, documentais, reportaxes, magazín informativo diario, coas noticias mais relevantes do día, faladoiro deportivo cos protagonistas do deporte de fin de semana en plató e en directo, con especial dedicación ao deporte local, información comarcal, de eventos, festas, noticias de interese xeral, etc..
Retransmisións deportivas: fútbol, fútbol-sala, ligas, copas, maratóns, e todo o deporte local e comarcal. Retransmisións dunha grande cantidade de eventos relixiosos, da nosa comarca: procesións, misas, novenas, forman o groso informativo da nosa televisión local.
En definitiva, achegar os costumes, as tradicións, a cultura a todos, a través da pequena pantalla.
É aquí onde Telearnoia, cumpre tamén unha función social, ao achegar se cabe aínda máis, todo o que acabamos de ver, aos moitos veciños que por unha ou outra razón e nunha poboación cada vez máis envellecida, non poden desprazarse ou moverse dos seus fogares e poden gozar de eventos que de ningún outro xeito seríalle posible.
Tal é, que un dos programas de mais audiencia foi a retransmisión en directo, da Santa Misa os Domingos pola mañá e que nos fixo reflexionar sobre a importancia social que este medio tiña para un colectivo importante de veciños do noso pobo.
A retransmisión en directo do partido de fútbol, no ano 96, que enfrontaba no campo do veciño e amigo pobo de Francelos, ao Atlético Arnoia e ao Francelos foi un dos acontecementos máis seguidos da historia da nosa televisión.
Programa "Reencontros"
Se hai unha data que marque a historia de Telearnoia esa foi: Decembro de 1995.
Telearnoia desprázase a América: programa Reencontros, cun número importante de veciños encabezados polo Alcalde, Rogelio Martínez, a visitar á colectividad de veciños de Arnoia residentes en América.
Arxentina e Uruguai son os destinos. As emocións inenarrables. As imaxes inesquecibles. Aquí Telearnoia convértese no nexo de unión entre os veciños de Arnoia e os seus familiares en América.
Datas históricas que marcarán a evolución e o bo facer da nosa televisión.