Bando para a obtención do Carnet de Manipulador de Produtos Fitosanitarios

Bando

Bando para a obtención do Carnet de Manipulador de Produtos Fitosanitarios

D. RODRIGO APARICIO SANTAMARÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARNOIA (OURENSE);

O Concello está xestionando a posibilidade de organizar un curso para a obtención do CARNET DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS, que se desenrolará nas datas e lugar que máis adiante se concretará.

Esta actividade programaríase ante a obrigatoriedade de estar en posesión deste carnet para poder aplicar ou axudar na aplicación de produtos fitosanitarios nas viñas ou hortas.

Os interesados en participar no mesmo e obter o carnet, deben anotarse nas oficinas do concello ou chamando ao número de teléfono 988 486 900 con data límite do vindeiro día 23 de maio, martes.

O que se fai público, para o xeral coñecemento, en Arnoia a catro de maio de dous mil vinte e tres.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio