Saúdo do alcalde

Inicio / Concello / Saúdo do alcalde

Saúdo do Alcalde

Benvido ao Concello de Arnoia

É unha ledicia para min podervos dar a benvida a este espazo virtual, que pretende ser a casa común de todos os veciños de A Arnoia.

Aquí poderedes atopar todo tipo de información relacionada co concello, e tamén poderedes levar a cabo gran parte das xestións relacionadas coa administración local

O noso obxectivo é abrir un espazo de comunicación, diálogo e traballo, facendo da eficacia dos servizos municipais a nosa razón de ser, vinculando estes coa proximidade, a transparencia e a facilidade, para a cidadanía. Por iso, convídovos a que enriquezades este Concello coas vosas suxestións, as vosas inquedanzas, as vosas queixas e reclamacións, pois así teremos a oportunidade de darlle mellor e mais rápida resposta.

Este é o propósito da nova páxina web, que ofrecerá paulatinamente tanto un maior caudal de información sobre os distintos servizos municipais, como a posibilidade de realizar todo tipo de trámites, xestións e consultas administrativas a través da rede, con absoluta garantía de confidencialidade e seguridade.

Agardo que atopedes nestas páxinas o instrumento axeitado para o diálogo entre os representantes que tedes no concello e todos vós.

Benvidos de novo e un cordial saúdo