Cómo chegar

Inicio / Contacto / Cómo chegar

Cómo chegar

Accesos ó Concello de Arnoia

O concello de Arnoia forma parte da bisbarra do Ribeiro. É un concello de pequena extensión -20 Km cadrados-, contando cunha única parroquia, San Salvaldor, e emprázase a ámbalas dúas márxes do río Arnoia, do que toma o seu nome. O seu límite occidental formao o Miño, na súa zoa remansada de Frieira. Esta circunstancia confírelle unha beleza paisaxística inusual, aumentada pola desembocadura do Arnoia, de exuberante vexetación.

Na súa configuración orográfica observanse dúas zoas ben diferenciadas: a correspondente á citada desembocadura, moi fértil tendo como cultivos tradicionais o viño e os productos hortofrutícolas. A segunda zona as estribacións de Coto Novelle, netamente forestal.

A capitalidade sitúase en Outeiro Cruz, non existindo entidade de poboación co nome de Arnoia.

Accesos ó concello

Pódese considerar Arnoia como un concello de fácil acceso, situado no punto medio da estrada provincial OU-402 Ourense-Portugal (Melgaço, 23 Km.) que discurre pola marxe esquerda do río Miño. Dende esta, parte unha estrada local a Ribadavia (3 Km.) que da acceso á autovía A-52 Rías Baixas (Ourense, 24 Km., aeroporto de Peinador, 72 Km. e Vigo, 78 Km.), e á OU-210 que vai a O Carballiño (21 Km.) e dende alí a Pontevedra (78 Km.) collendo a N-541, e por Cea (29 Km.) á N-525 (Santiago, 111 Km. e aeroporto de Labacolla 125 Km.)

Outra forma de acceder ao municipio é mediante o servizo de autobús, Anpian, realiza catro servizos diarios: Ourense – Ribadavia – Pontebarxas. Dende Ribadavia servicios a O Carballiño, A Cañiza, Ourense, Pontevedra e Vigo (Auto Industrial), norte de España (Alsa), Madrid (Intercar) e Barcelona (Vibasa).

En canto ó ferrocarril a estación máis cercana é Ribadavia, na liña Vigo-Ourense, que facilita as viaxes rexionais e nacionais.