Novas

Inicio / Novas / A comezos da primavera a estrada OU-402 estará renovada e mellorada.

A comezos da primavera a estrada OU-402 estará renovada e mellorada.

A comezos da primavera a estrada OU-402 estará renovada e mellorada.

Ethel Vázquez avanza que a estrada 0U-402 será rematada a comezos da vindeira primavera tras un investimento da Xunta de 810.000 euros.

Ten como obxectivo renovar e mellorar un treito de 1,6 km da vía, incrementando a súa funcionalidade:

– Ampliarase a estrada ata os 7 metros de ancho.
– Rectificaranse as curvas con radio reducido para mellorar a seguridade viaria e a visibilidade.
– Tamén se habilitará unha senda peonil ao longo de máis de 1 km.
– Executarase cuneta transitable ao longo de medio quilómetro.
РMellorarase a senda actual entre o acceso ao balneario e o n̼cleo da Arnoia, favorecendo a mobilidade a p̩ dos veci̱os.
– Intervirase na intersección coa estrada provincial para habilitar un carril central de espera e un cambio de sentido co fin de reforzar a visibilidade e a seguridade nos xiros.

A conselleira puxo en valor os investimentos nas infraestruturas viarias do rural e do interior de Galicia para garantir máis servizos e oportunidades aos veciños dos concellos máis pequenos, como neste caso da Arnoia.

 

estrada mellorada estrada mellorada