Novas

Inicio / Novas / PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLES DE ARNOIA

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLES DE ARNOIA

O municipio de ARNOIA, adheriuse de xeito voluntario á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía” co obxectivode FRENAR O CAMBIO CLIMÁTICO,  mellorando a sostenibilidade do municipio, asumindo o compromiso voluntario de reducir as emisións de CO2 nun 40% antes de 2030, mellorar a eficiencia enerxética, empregando fontes de enerxía renovables nos seus territorios e desenvolvendo medidas para adaptarse ás consecuencias do cambio climático.

O documento do PACES (Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostibles) aprobado polo Concello de Arnoia está estruturado en 4 bloques:

Inventario de Emisións de Referencia (IER). Inclúe unha cuantificación das emisións de CO2 derivadas dos consumos enerxéticos levados a cabo no municipio de ARNOIA para o ano de referencia seleccionado (2010).

Diagnóstico enerxético A partires da información aportada no IER lévase a cabo unha análise e diagnóstico pormenorizado da situación enerxética a escala local, incluíndo a identificación e avaliación das medidas adoptadas ata a data polo Concello relacionadas coa redución de emisións de GEI e a proxección de escenarios de emisión.

Avaliación local da vulnerabilidade e riscos do Cambio Climático Descrición e análise dos distintos riscos aos que o municipio está exposto tanto agora coma aos que se poderá ver exposto no futuro, a causa dos cambios producidos polo cambio climático na rexión, identificando as vulnerabilidades e oportunidades de adaptación que presenta o novo escenario climático.

Plan de Acción para o clima e a Enerxía Sostible (PACES). Planificación, estruturación, definición e priorización das medidas a levar a cabo ata o ano 2030 para acadar o obxectivo de reducir as emisións antrópicas de CO2 no Concello de ARNOIA, polo menos, nun 40 % dende o ano de referencia considerado. Inclúese, ademáis, un plan de seguimento baseado en indicadores co obxectivo de asegurar a correcta vixiancia e implantación das medidas, así como a análise da súa efectividade en relación á redución dos consumos enerxéticos e emisións de GEI.

Este Proxecto conta co apoio financiero de:

. Consellería de Medio Ambiente, territorio e Vivenda da Xunta de Galicia

. Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): “Unha maneira de facer Europa”