As dependencias para consultas, información e xestión de trámites relacionados con estes servizos atópanse nas oficinas da Casa do Concello.
O persoal de mantemento atende as reclamacións ou avisos que se produzan nas redes de auga e sumidoiros de carácter municipal, supervisando os distintos controis sanitarios que establece a lexislación vixente.
Servicio de abastecemento de auga domiciliaria:
O concello dispón de 3 depositos reguladores para o abastecemento de auga á poboación e unha rede xeral conectada coas distintas “traídas de auga” que fai moitos anos instaláronse coa axuda persoal e económica dos veciños. Agora estase facendo unha nova rede que en 2 ou 3 anos chegará a todos os fogares, pero de momento está garantido o fornezo ben directamente ou ben a través das redes primitivas contruídas fai uns 40 anos. O auga fornecida procede de dous manantiales e dun pozo para o bombeo en caso de necesidade.
Servicio de tratamento de augas residuales:
O concello dispón dunha planta depuradora de augas residuales con capacidade para atender as necesidades de 2.000 habitantes á que chega un colector que a través da beira do río Arnoia vén recollendo os distintos afluentes dos diferentes pobos do concello. No caso de Remuiño, Reza e Porqueira ao non ser posible a canalización a esa planta instaláronse depuradoras compactas para tratar as súas augas residuales. Queda o pobo de Lapela cunha fosa séptica que haberá que reconverter nunha compacta dependendo do volume de auga a tratar.