Novas

Inicio / Novas / Sometese a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte de utilidade pública Serra da Peneda, San Miguel, Novelle e Carixa

Sometese a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte de utilidade pública Serra da Peneda, San Miguel, Novelle e Carixa

  • Durante os próximos dous meses calquera persona física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes de Ourense a memoria xustificativa, plano da masa e listaxe de parcelas catastrais afectadas. 
  • As persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas. 
  • No Concello de Arnoia inscribiranse en total 38,1 hectáreas compostas principalmente por robles (quercus robur). 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar por medio da Consellería de Medio Rural que somete a información pública os procedementos de inscripción no Rexistro de Masas Consolidadas Frondosas Autóctonas da comarca do Ribeiro. En concreto vense afectados os montes de utilidad pública Serra da Peneda, San Miguel, Novelle e Carixa no concello de A Arnoia. 

Abrese un prazo de 2 meses nos que calquera persona física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense os documentos correspondentes a estos expedientes de inscrición e presentar os alegatos que estimen oportunos. 

Pódense consultar os seguintes documentos: memoria xustificativa, plano da masa e listaxe de parcelas catastrais afectadas. 

Asímesmo as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas achegando a seguinte documentación: 

  • Listaxe de parcelas catastrais incluidas na masa que son propiedade das personas que alegan. 
  • Xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade. 
  • Se é o caso, acreditación mediante declaración responsable da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar no nome do solicitante. 
  • No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta. 
  • Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar. 

En concreto, se inscribirán 38,1 hectáreas no Concello de A Arnoia, compostas principalmente por robles (quercus robur).

Toda a información nesta ligazón.