Actividades turísticas

Inicio / Turismo / Actividades turísticas

Actividades turísticas

Entretemento, deporte e gastronomía

Sendeirismo e Camiño Miñoto Ribeiro

O sendeirismo, cunhas rutas cuio grado de dificultade baixo ou medio por paraxes ben sinalizados, é unha atrac­tiva actividade complementaria de outras que poidan rea­lizarse, como rutas de bicicleta de montaña, equitación e paseos a cabalo ou paseos en barca, por exemplo.

Ademáis, polo Concello de A Arnoia pasa O Camiño Miñoto Ribeiro, que se está a recuperar como Ruta do interior dende Portugal ata Santiago de Compostela

Rutas Cicloturistas

Explora un escenario ideal para a práctica do ciclismo de estrada. Rutas que che permitirán descubrir a diversidade paisaxística da vilas termal de Arnoia.

Turismo do Viño

A Arnoia dos viños, unha experiencia enoturística. En cada recuncho, unha adega. Así queda reflectido na terra fértil, nos seus viñedos espallados polos dous vales, o de San Mauro e o de San Vicente; unha cultura que sedimenta o coñecemento do proceso do viño a través das xeracións familiares, un grande número de caldos con recoñecementos internacionais, un froito eloxiado e que se está a recuperar nas novas xeracións

Turismo Rural

A ARNOIA, “Arna”, “Viño” segundo os antergos, no corazón do Ribeiro. Xeodestino que invita a relaxantes escapadas, a desfrutar dun turismo de saúde, de paseos polos viñedos, o Coto, o Río, a aloxarse en acolledoras casas de turismo rural.