Rutas de sendeirismo e Camiño Miñoto Ribeiro
Sendeirismo
O sendeirismo, cunhas rutas cuio grado de dificultade baixo ou medio por paraxes ben sinalizados, é unha atractiva actividade complementaria de outras que poidan realizarse, como rutas de bicicleta de montaña, equitación e paseos a cabalo ou paseos en barca, por exemplo.
Rutas de Sendeirismo
- Ruta dos Ríos
- Desvío en Chaos
- Desvío en Ponte
- Desvío en Cancillón
- Ruta dos Montes
- Desvío en Outeiro-Cruz
- Desvío en San Roque
- Desvío en Ponte

Detalle das rutas de sendeirismo
Descrición de cada unha das rutas de sendeirismo.
PERCORRIDO: Saida da Vila Termal – Chaos – Área Recreativa Poldrás – Lapela – Remuiño – Ponte – Rial Peneda – Carnós – S. Roque – Outeiro Cruz – Poldras – Chaos Vila Termal
Distancia: 15.000 m. aprox.
Dificultade: Media – Alta.
Rutas alternativas da ruta:
Por Laxa – Quinteiros – Paixón – Sendín – San Amaro – Reza – Vila TermaI.
Distancia: 4.000 m.
Dificultade: Baixa.
Por S. Roque – Outeiro-Cruz – Paixón y regreso a la Vila Termal por Reza.
Distancia: 8.600 m.
Dificultade: Media.
Por Camós – S. Roque – Outeiro-Cruz – Poldrás – Vila Termal.
Distancia: 10.000 m.
Dificultade: Media.
PERCORRIDO: Saida da Vila Termal – Chaos – Poldrás – San Roque – Carnós – San Miguel – Coto da Fame – Coto Novelle – Bacelo – San Amaro – Reza – Vila Termal.
Distancia: 13.000 m. aprox.
Dificultade: Alta.
Rutas alternativas da ruta:
Por Bacelo – Paixón – Sendín – San Amaro – Reza – Vila Termal.
Distancia: 5.600 m.
Dificultade: Baixa.
Por Carnós – Bacelo – y regreso por Paixón – Sendín – San Amaro – Reza – Vila Termal.
Distancia: 8.000 m.
Dificultade: Media.
Por Remuiño – Lapela – Poldrás – Chaos – Vila Termal.
Distancia: 9.500 m.
Dificultade: Media.
O Camiño Miñoto Ribeiro
Natureza, termalismo e Viño é o CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO AO SEU PASO POLO CONCELLO DE A ARNOIA
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos vieiros máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Indudablemente estamos a falar da outra vía excepcional que unía o norte de Portugal con Galicia, trátase da Ruta do Interior, en contraposición á ruta da costa por Tui e Valença.
Dende o norte de Portugal (Monçao, Melgaço, Castro Leboreiro), atravesa os concellos de *Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Beade, Leiro, Carballiño, Boborás, Beariz, Cerdedo*, Forcarei, A Estrada, Vedra e Boqueixón, chegando a Santiago de Compostela.
O preregrino achégase á Arnoia dende as terras de Cortegada de Baños – coñecida polos seus baños e as súas augas quentes-, San Martiño de Valongo, A Barca, Louredo (Mosteiro de San Vicente) e Meréns, a onde chegarían aqueles que viñan das terras de Gomesende logo de descansar no Priorato de Refoxos, e, xa en dirección á Arnoia, terra tamén de augas termais e viño, cara Ponte Castrelo, onde se lle unirían as xentes das terras de Celanova, ou cara á Reza ata Ribadavia.
É neste tramo de A Arnoia a Castrelo de Miño onde existía unha Ponte que, durante trescentos anos, os peregrinos que procedían da Arnoia, pasaban por ela en dirección a Sampaio de Ventosela. No século XVI a Ponte sofre un derrube e toma importancia A Barca: pasaban as mercadorías, pedra, viño, madeira, transeúntes e peregrinos para ir a Santiago; os que procedían de Portugal chegaban á Reza, onde se situaba a Barca na marxe esquerda do río Miño, e pasaban á marxe dereita, onde entraban en Ribadavia. Ao chegar alí, pasaban para San Cristobo de Rego de Eigón, a Ponte da Veronza ata Beade, de aí a Boborás, Beariz, terra de Montes, terra de Tabeirós, e a Compostela.
A intención de todos os Concellos é Recoñecer o Camiño, Sinalizalo, Rehabilitalo para a súa continuidade como Ruta a Compostela, dar a coñecer e pasear os Monumentos, as Serras, os Ríos, os Prioratos, as Igrexas, as Augas termais, os seus viñedos viños e gastronomía.
Moitas son as razóns para non esquecer O Camiño, senón revivilo e facelo brillar cando pasa polo noso Municipio de A Arnoia.
Enlace ao Facebook de “El Camino Miñoto Ribeiro”
Web do Camiño de Santiago