Historia do Concello de Arnoia
Orixe da palabra “Arnoia”
Comenzaremos coa orixe da palabra “arnoia” da que hai diversidade de pareceres. Para Murguía na “História de Galiza”, súa orixe ven do sánscrito de arna (rio). Según Santiago y Gómez ten outra orixe e así di o Padre Samuel Eiján:
Feitos históricos na Arnoia
Como veremos neste resumo, a historia do noso concello segue os grandes fitos xerais da historia de Galicia.
A ocupación do noso territorio remóntase polo menos á época castrexa da cal se ten constancia. Tamén quedou constancia en Arnoia do paso dos romanos, a través de restos arquelóxicos. Xa na Idade Media,, e ao amparo dos mosteiros, existen varios escritos referentes ás terras de Arnoia. A Inquisición tamén estivo presente en Arnoia, así como os franceses, que se pasearon por estas terras e as partidas carlistas. Todo elo quedou ben documentado gracias a, entre outros, os escritos do Padre Samuel Eiján.
Podemos polo tanto, en base aos restos arqueolóxicos atopados, e os escritos existentes, distinguir na historia de Arnoia as seguintes épocas:
- Arnoia castrexa
- Arnoia romana
- Arnoia na Idade Media
- A Inquisición en Arnoia
- Os franceses en Arnoia
- Os Carlistas en Arnoia
Documentos de interese
-
Foto do “orfeón” de Arnoia, chamado “Airiños da Aldea”, do ano 1929, retratados despois de haber gañado un campeonato de corales en Ribadavia, e na que poden verses a personaxes como “O Cartelle”, o párroco D. Emilio, Rodrigo (o cantor) de Sendin, o Guntín do Bacelo e outros da época que os veciños de maior idade poderán recoñecer.