Reencontros

Reencontros

A finais do ano 1991 comenzou a organización dunha viaxe dos veciños deste pobo emigrados a Arxentina e Uruguay que tiñan as súas raíces en Arnoia e que, en moitos casos, nunca poideran voltar a súa terra. Tivo a sua realización no verán de 1992.

Facilitóuse a viaxe a todos os que tiñan 60 ou mais anos de idade e levaban, alomenos, 10 anos sen voltar.

Os que non cumprian estes requisitos tamén se lles ofertou a posibilidade de viaxar cunha rebaixa importante no precio do billete e a participación en todas as actividades que se organizaron unha vez aquí.

Recibíronse 322 solicitudes de paisanos que querían visitar o seu pobo, e, nesta ocasión, viñeron 174. Os demais foron fallando por diversos motivos.

Na cofinanciación da viaxe e das actividades organizadas unha vez chegados a súa terra participaron:

  • Concello de Arnoia.
  • Xunta de Galicia.
  • Deputación de Ourense .
  • Caixa Ourense.

Con esta iniciativa o Concello de Arnoia quixo recoñecerlles o importante labor que fixeron pola súa terra.

No ano 1995, 64 veciños de Arnoia (entre eles o grupo de gaitas “Airiños de Arnoia”) devolveron a visita nunha viaxe inesquencible para todos os que puideron disfrutar dunha semana en Bos Aires, cataratas do Iguazú, e Lujan en Arxentina e varias cidades de Uruguai.

Documentos de interese


Transcripción da carta do Alcalde aos veciños de Arnoia


Transcripción da nota remitida polo “embaixador” de Arnoia D. Antonio Moure Cortes


Transcripción das Comunicacións enviadas por Antonio Moure e a súa familia


Relación de emigrantes que realizaron a viaxe


Actividades do programa Reencontros


Video Reencontros: “Comida confraternidade”


Video Reencontros: “Comida no Grove”


Video Reencontros: “Chegada”


Video Reencontros: “Festa do pemento”


Video Reencontros: “Festa do pulpo”


Video Reencontros: “Noticias TV”


Video Reencontros: “Recepción no pazo de Raxoi”


Video Reencontros: “Visita o centro social do Ribeiro”