Festas

Festas

Son numerosas as celebracións festivas que se reali­zan en Amoia. O calendario festivo inclúe polo menos dezaseis ao longo do ano, na súa maioría propiciadas polos patronazgos das súas moita capelas. Algunhas destas festas son de gran tradición como a bendición dos campos ou a das “Reliquias” en Remuiño. É sen embargo unha festa moderna a que hoxe en día ten a maior capacidade de convocatoria: “A Festa do Pemento”.

Xaneiro

Días 15 e 16: Festas na honra de San Amaro, patrón do val do mesmo nome. Novena, misas e procesión dende a igrexa parroquial. Pulpeira, festa popular e verbena.
Día 20: Misa de San Sebastián na capela de Lapela.
Día 22: Misa de San Vicente diácono e mártir. Na capela de San Roque. Celébrase unha poxa polos productos ofrecidos (lacóns e chourizos) que acostuman a gañar os mozos do lugar e cos que fan unha cea.

Marzo ou Abril

O martes de Pascua celébrase o San Amaro da Pascua. Misa e Procesión.

Abril

Día 25: Na capela de Lapela misa na honra de San Marcos.

Maio

Día 8: San Miguel, arcanxo. Romería e bendición dos campos dende Coto Novelle.
Días 22 e 23: Santa Rita, patroa de Arnoia. Actos litúrxicos, pulpeira, festa popular e verbena.

Xuño

Día 13: San Antonio de Pádua. Misa e procesión con banda de música. Festa popular e verbena.
Día 27: Festa da Virxe do Socorro. Na capela do Balneario. Procesión dende A Reza, con alfombra de flores e bendición dende o catamarán. Comida campestre na carballeira da Vila Termal. Pulpeira e taberna. Grupos de gaitas e charangas. Organizada polos veciños da Reza. Celébrase no domingo inmediato.

Xullo

Día 26: Festa de Santa Ana. Misa na igrexa parroquial e procesión ata Paixón. Comida campestre na área recreativa de Poldras. Pulpeira e animación.

Agosto

Primeiro domingo: Festa do pemento. No campo de A Queixeira. Popular e gastronómica. Actuacións musicais.
Día 5: A Nosa Señora das Neves. Misa na capela de San Roque.
Día 15: A Nosa Señora da Asunción. En Lapela. Misa e procesión. Festa popular e verbena.
Días 16 e 17: Festa de San Roque. Misa e procesión. Festa popular e verbenas.
Día 24: Festa de San Bartolomeu. Misa. Festa e verbena.
Día 31: San Ramón Nonato. Misa en Remuiño.

Setembro

Día 14: As Reliquias da Santa Cruz. Misa en Remuiño.

Decembro

Día 13: Santa Lucía. Misa e procesión en San Amaro.